Inicio Galicia A Xunta remata as obras de mellora da estrada AC-550, ao seu...

A Xunta remata as obras de mellora da estrada AC-550, ao seu paso pola parroquia de Boa, no Concello de Noia

0

Os traballos, cun investimento de case 40.000 euros, comezaron a finais do pasado mes de marzo e finalizaron recentemente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora na estrada AC-550, ao seu paso pola parroquia de Boa, no Concello de Noia.

Os traballos, cun investimento de case 40.000 euros, comezaron a finais do pasado mes de marzo e finalizaron recentemente.

Este proxecto consistiu na construción dunha senda de formigón de 180 metros de lonxitude en Boa, no treito da estrada AC-550 comprendido entre o p.q. 76+950 e o 77+130, pola marxe esquerda da vía.

Tamén se colocou un tramo de canalización para a recollida de augas pluviais baixo o citado itinerario.

O Goberno galego continúa a traballar na conservación e acondicionamento da rede viaria autonómica co fin de proporcionar unhas estradas máis cómodas e seguras aos cidadáns.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre