Inicio Galicia A Xunta remata as obras de execución dun sistema de depuración no...

A Xunta remata as obras de execución dun sistema de depuración no núcleo de Feá, no concello de Toén

0
image_gallery.jpg

A intervención contou cun investimento de máis de 35.000 euros e permite que os veciños deste núcleo dispoñan do servizo de tratamento de augas residuais


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de rematar as obras de execución dun sistema de depuración no núcleo de Feá, no municipio de Toén. A titularidade das novas infraestruturas acaba de ser entregada ao Concello.

Esta intervención, cun investimento de máis de 35.000 euros, permite dotar dun sistema de tratamento de augas residuais con capacidade para 52 habitantes equivalentes coa fin de darlle servizo ao núcleo de Feá.

A infraestrutura consta dunha primeira arqueta de desbaste para a separación dos sólidos grosos, un decantador-dixestor prefabricado de formigón armado, para a decantación e dixestión dos fangos xerados e un leito bacteriano.

Ao final da liña de depuración dispuxéronse tres pozos de infiltración para eliminar o vertido directo á canle do río.

A Xunta continua achegando apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito eficiente os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre