Inicio Galicia A Xunta remata as obras de dotación de saneamento nos núcleos de...

A Xunta remata as obras de dotación de saneamento nos núcleos de Filgueira, Seixido e Servia, no Concello de Lousame, cun investimento de máis de 137.000 euros

0

O Goberno galego entregoulle hoxe ao Concello de Lousame estas actuacións, que veñen de rematarse

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de rematar as obras de saneamento nos núcleos de Filgueira, Seixido e Servia, que hoxe foron entregadas ao Concello de Lousame.

Esta actuación, cun investimento de máis de 137.000 euros, consistiu na dotación de servizos de saneamento a estes núcleos, na parroquia de San Xoán de Lousame, que non dispoñían destas infraestruturas hidráulicas.

Para conectar as vivendas da zona coa rede existente levouse a cabo a execución de tres novos tramos de colectores. A nova rede ten unha lonxitude aproximada de 1.054,1 metros.

A rede remata nun sistema de depuración para uns 105 habitantes, prefabricado en poliéster e reforzado con fibra de vidro de volume duns 31.500 litros.

Tamén se instalaron arquetas de separación de grosos con reixa manual e arquetas de inspección e toma de mostras.

Cómpre lembrar que esta obra está cofinanciada con fondos europeos do programa operativo FEDER 2014/2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre