Inicio Galicia A Xunta remata as obras de abastecemento e saneamento nos núcleos de...

A Xunta remata as obras de abastecemento e saneamento nos núcleos de Formigoso, A Acea e A Lamela, en Baños de Molgas, cun investimento de máis de 300.000 euros

0

Executouse unha rede de saneamento de máis de medio quilómetro de lonxitude, e tres fosas sépticas para a depuración das augas residuais

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de rematar as obras de abastecemento e saneamento os núcleos de Formigoso, A Acea e A Lamela, no municipio de Baños de Molgas. A titularidade das novas infraestruturas acaba de ser entregada ao Concello.

Esta actuación, cun investimento superior os 300.000 euros, permitiu completar os servizos de abastecemento e saneamento das poboacións deste concello ourensá, beneficiando a unha poboación estimada de 104 habitantes equivalentes para o ano 2035.

Executouse unha rede de saneamento de máis de medio quilómetro de lonxitude e construíronse tres fosas sépticas para a depuración das augas residuais, con capacidade para 50 persoas en Formigoso e na Lamela, e para 30 persoas na Acea. Na Lamela mellorouse, ademais, a captación.

A intervención tamén mellorou as condicións do servizo de abastecemento de Formigoso que, ata o de agora, se servía desde a rede de distribución de Molgas, a menos cota e co resultado de presión insuficiente. Para resolvelo, as obras incluíron os traballos de conexión deste último núcleo coa rede de distribución de Bouzas mediante a instalación de 1.064 metros de tubaxe, conseguindo así unha presión máis alta. Tamén se conectou este ramal coa rede de Molgas para, en calquera momento, poder fornecer tamén esta rede.

As obras realizadas no núcleo da Acea, que carecía de rede de abastecemento de auga potable, permiten a subministración de auga grazas á construción dun ramal desde a rede existente no núcleo de Fondodevila. Esta rede de abastecemento ten unha lonxitude de máis de 700 metros.

A Xunta mantén a súa colaboración cos concellos e o seu apoio á planificación, execución e financiamento de infraestruturas hidráulicas de competencia municipal, para que poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento.

A obra foi cofinanciada con fondos europeos do programa operativo FEDER, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 2014/2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre