Inicio Galicia A Xunta remata a renovación da tubaxe de drenaxe na vía de...

A Xunta remata a renovación da tubaxe de drenaxe na vía de titularidade autonómica PO-551 ao seu paso por Bueu

0

As condicións meteorolóxicas permitiron reducir a 10 días a execución desta obra, iniciada o 2 de maio e que tiña un prazo para realizala de 1 mes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar a execución das obras de renovación da tubaxe de drenaxe na estrada autonómica PO-551, no punto quilométrico 10+350, ao seu paso polo concello de Bueu.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Construcciones Rafer, S.

L., por importe duns 30.000 euros. As favorables condicións meteorolóxicas permitiron reducir a 10 días a execución dos traballos, que se iniciaban o pasado día 2 de maio e que dispoñían dun prazo de execución de 1 mes.

No ano 2018 actuouse neste punto da vía, ante un afundimento na estrada provocada polas perdas dunha antiga condución. Nese momento, reconstruírase a obra de canalización dun regato e o cruce baixo a estrada, mediante a colocación dun tubo de 120 centímetros de diámetro.

Con esta nova obra, atendeuse a solicitude dunha comunidade de veciños para evitar a suba do nivel freático no soto dun edificio próximo á estrada.

Para solucionar a problemática, abriuse de novo unha gabia na estrada, evitando deste xeito tamén afeccións ao tráfico. Tamén se substituíu un colector de drenaxe do edificio e conectouse á rede mediante un sistema de perforación horizontal dirixida.

Os traballos incluíron a preparación dos puntos de entrada e saída da perforación, o traslado e colocación da maquinaria, a execución da perforación, así como a colocación da condución e retirada de lodos derivados dos traballos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre