Inicio Galicia A Xunta remata a primeira rolda de reunións virtuais coas 58 federacións...

A Xunta remata a primeira rolda de reunións virtuais coas 58 federacións galegas para coñecer a súa situación deportiva e financeira e concretar as medidas do plan de reactivación

0

Estas xuntanzas tamén serviron para anunciar ás federacións deportivas as distintas medidas levadas a cabo pola Xunta como o mantemento do pago dos convenios de colaboración que xa están sufragados ao 83% e todas as federacións deportivas percibiron algún pago -36 delas recibiron o importe íntegro-


A Secretaría Xeral para o Deporte vén de rematar as reunións levadas a cabo coas 58 federacións deportivas galegas nas que se estudaron as diferentes medidas a tomar para minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma por mor do coronavirus. Neste sentido analizáronse as diferentes solucións para paliar os efectos negativos na súa situación deportiva e financeira e concretáronse as medidas a levar a cabo no marco do Plan de Reactivación do Deporte galego. Neste sentido, a Xunta de Galicia traballa coas federacións, organizadas en grupos de traballo por modalidades deportivas, dende o pasado 15 de maio cando o secretario xeral, José Ramón Lete Lasa, presentoulles á ferramenta de identificación de situacións deportivas de contaxio do Covid-19 no deporte galego. FISICOVID-19 DXTGALEGO é instrumento responde a un primeiro esquema realizado tras unha diagnose exhaustiva e de forma individualizada con cada unha das preto de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia.

O pasado 17 de abril de 2020, a Secretaría Xeral para o Deporte inaugurou esta quenda de encontros virtuais coa Federación Galega de Atletismo. 48 días despois, a Xunta de Galicia clausura esta primeira rolda de encontros cos seus socios principais no eido deportivo para poder comezar a aplicar canto antes as condicións da volta a actividade de xeito seguro. A postura esgrimida polo Goberno galego en todas estas xuntanzas mantívose invariable, insistindo en que “a actividade non poderá reiniciarse ata que existan garantías absolutas de seguridade e hixiene e non se poidan producir contaxios”.

Do mesmo xeito, estas xuntanzas tamén serviron para anunciar ás federacións deportivas as distintas medidas levadas a cabo pola Xunta de Galicia no sector deportivo como o mantemento do pago dos convenios de colaboración que xa están sufragados ao 83% e todas as federacións deportivas percibiron algún pago -36 delas recibiron o importe íntegro-, grazas á tramitación destes acordos de xeito anticipado. Ademais, nestes encontros debatéronse as “incertezas, incoherencias, discriminacións e dúbidas” xeradas polas diferentes ordes ministeriais publicadas no BOE. As demandas do deporte galego serviron para acadar importantes rectificacións do Goberno central como a reactivación da caza e da pesca en todas as súas vertentes, a eliminación de franxas horarias para todos os deportistas ou a elaboración dun protocolo básico para toda a actividade deportiva.

Federación Galega de EsgrimaA Secretaría Xeral para o Deporte avanzou co presidente da federación, José Manuel Regueiro, na elaboración dun protocolo a través da ferramenta FISICOVID-DXTGALEGO, fundamental para retomar a actividade, supeditada á decisión da federación nacional que aínda non aprobou o calendario. Trabállase co obxectivo de recuperar os Campionato de España, as últimas xornadas de liga e, a nivel autonómico, os campionatos galegos.

Federación Galega de Béisbol e SófbolA Secretaría Xeral e o presidente da entidade, Carlos García, analizaron a posibilidade de reactivar a competición coas adaptacións necesarias -tocar a pelota, desinfección…-. Na comisión delegada de xullo tomarase a decisión con respecto ao calendario, formulando u posible cambio de formato de competición. A mediados de xuño estúdase retomar os adestramentos, retomando a competición en agosto.

Federación Galega de AeronáuticaNo tocante á competición atópanse á espera da decisión da federación estatal que ten cancelado o calendario nacional e internacional. A nivel autonómico, o presidente Víctor Maiztegui, formula a posibilidade de retomar os campionatos de xullo a decembro. Do mesmo xeito que moitas outras federacións, amosan o seu interese na proposta de formación do bloque común do Nivel I de técnicos que vai desenvolver a Escola Galega do Deporte.

Federación Galega de BoxeoO presidente da federación, Manuel Planas, está tratando de reorientar a actividade cara á tecnificación e formación, coa vista nos campionatos de España posto que os internacionais están cancelados. Prevese retomar a competición autonómica en setembro. Abórdanse as posibilidades formativas da Escola Galega do Deporte e trabállase no protocolo de volta á actividade pensando nos deportistas e ximnasios.

Federación Galega de HóckeyO presidente, Alberto Estévez, informou de que a tempada actual deuse por cancelada, aínda que a maior parte estaba realizada. A volta á actividade se formula xa para a tempada 2020/2021 e no mes de outubro estudando posibles formatos de competición para adaptarse á nova situación.

O enderezo electrónico para as consultas estritamente deportivas como consecuencia da situación de COVID-19 segue funcionado a pleno rendemento para clubs e federacións (incidencias-federacions.deporte@xunta.gal). 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre