Inicio Galicia A Xunta remata a nova senda peonil e ciclista na estrada AC-249,...

A Xunta remata a nova senda peonil e ciclista na estrada AC-249, que conecta a praia de Laxe e o paseo marítimo

0

Trátase dun itinerario de preto de 800 metros que une a zona deportiva, educativa e de lecer de Cabo da Area, centro de equipamentos do municipio, coa propia vila


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-249, que conecta a praia de Laxe e o paseo marítimo.

Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Ramón Vazquez y Reino S.

L. por importe de preto de 225.000 euros.

Este novo itinerario de preto de 800 metros une a zona deportiva, educativa e de lecer de Cabo da Area, centro de equipamentos do municipio, coa propia vila de Laxe.

O proxecto recolle dous treitos de senda, un principal, que se inicia no extremo da praia de Laxe e continúa pola marxe dereita da estrada ata a entrada da vila, onde conecta coas beirarrúas existentes.

O segundo tramo de senda conecta este itinerario principal co paseo marítimo e co carril bici existente, que discorre paralelo ao Rego dos Cabalos, por ambos os lados.

Trátase dunha senda diferenciada para peóns e ciclistas, en formigón coloreado, para que sexa máis facilmente visible e identificable polos condutores.

Esta actuación forma parte do Plan de Sendas da Xunta para a comarca de Bergantiños, cofinanciadas con Fondos FEDER 2014/2020, e que recolle preto de 11 km de itinerarios peonís e ciclistas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre