Inicio Galicia A Xunta remata a nova senda da estrada PO-309 ao seu paso...

A Xunta remata a nova senda da estrada PO-309 ao seu paso polo Concello de Poio, entre Portosanto e o enlace á autopista AP9, mellorando a mobilidade dos veciños e a seguridade viaria

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a esta actuación un investimento de máis de 48.000 euros


A Xunta vén de rematar a execución da nova senda na estrada PO-309 ao seu paso polo concello de Poio, entre Portosanto e o enlace á autopista AP-9, mellorando a mobilidade dos veciños e a seguridade viaria.

Esta actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atende á solicitude dos veciños e supón un investimento de máis de 48.000 euros.

A nova senda conta cunha lonxitude duns 400 metros, e permite conectar dun xeito máis seguro a Avenida Peirao Besada coas vías locais Avenida Colón, Camiño das Bocas e Camiño Pateira, favorecendo a conexión de servizos e equipamentos como a escola infantil, o Museo Colón ou as instalacións deportivas.

Estas obras centráronse na mellora de seguridade relativa aos movementos de peóns que cruzan este tramo de estrada. Para isto, a intervención incluíu a mellora da iluminación na estrada, coa instalación de 14 novas luminarias, a protección dos pasos de peóns e a extensión nunha das beiravías dun microaglomerado pintado para as persoas que percorran lonxitudinalmente a estrada.

Esta actuación derívase do Plan de sendas de Galicia nesta comarca, e está enmarcada dentro do programa operativo FEDER 2019-20.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre