Inicio Galicia A Xunta remata a mellora da seguridade viaria para a eliminación dun...

A Xunta remata a mellora da seguridade viaria para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-549, entre Vilanova de Arousa e Cambados

0

Con esta intervención, adxudicada por un importe duns 460.000 euros, suprímese o tramo de concentración de accidentes no entorno da vía, entre o final da parroquia de Deiro e a intersección da vía de alta capacidade VG-4.3


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora de seguridade viaria no entorno do treito de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-549, entre o final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa, e a intersección coa vía de alta capacidade VG-4.3, en Cambados.

Esta actuación, adxudicada por un importe duns 460.000 euros, foi executada pola empresa Narom S.

L, Construcciones Orega, S.

L.

A intervención centrouse no treito final de 1,8 quilómetros da estrada autonómica PO-549. En concreto, os traballos desenvolvéronse entre os puntos quilométricos 7+570 e 9+800, atendendo así á solicitude do Concello de Vilanova no proceso de información pública deste proxecto, de ampliación do ámbito da intervención nunha lonxitude de 700 metros.

As principais intervencións centráronse na mellora das interseccións máis relevantes do tramo. Para isto, executáronse cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica. Tamén se construíron dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.

Na actuación destaca, ademais, a construción da nova glorieta na intersección do punto quilométrico 9+020 coas estradas provinciais EP-9004 e EP-9005 e a mellora da contorna da rotonda existente no 9+400, executando un illote físico para facilitar a súa percepción e reorganizando os accesos próximos.

Tamén se mellorou a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, garantindo a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medidas adicionais. Ademais, executouse un tramo de senda entre os puntos quilométricos 7+570 e 8+340 pola marxe esquerda da estrada.

Estas actuacións na estrada veranse complementadas coa instalación de tres novas marquesiñas.

Cómpre lembrar que estes traballos se enmarcan na estratexia para ter actuado neste ano en todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas de titularidade autonómica.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre