Inicio Galicia A Xunta remata a execución dunha senda peonil en Santa Comba de...

A Xunta remata a execución dunha senda peonil en Santa Comba de Gargantós, en San Cibrao das Viñas, que complementa ás obras da nova conexión do polígono coa A-52

0

As condicións meteorolóxicas permitiron reducir á metade o tempo de execución da obra, iniciada o 4 de maio, e que tiña un prazo de execución de dous meses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de construción da nova senda en Santa Comba de Gargantós, en San Cibrao das Viñas, como actuación complementaria á nova conexión do polígono coa A-52.

Esta actuación foi executada pola empresa Construcciones Orega, S.

L., cun investimento autonómico de máis de 36.000 euros. As favorables condicións meteorolóxicas permitiron reducir á metede o tempo de execución dos traballos, que se iniciaban o pasado día 4 de maio, e que dispoñían dun prazo de execución de dous meses.

A nova senda peonil executada na marxe esquerda da estrada local, vai ao lugar de Infesta, nas proximidades do enlace da autovía A-52 (Autovía das Rías Baixas) coa AG-31 (Autovía Ourense-Celanova), que se está a remodelar con motivo da conexión do acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas.

Executouse unha senda, cun ancho mínimo de dous metros, e en paralelo un muro para conter o terreo sobre o que se construíu o itinerario. Tamén se renovou a capa de rodadura na contorna da nova senda.

Esta actuación supón a mellora da mobilidade e a seguridade dos peóns na contorna do enlace.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre