Inicio Galicia A Xunta remata a execución da nova senda peonil na estrada ...

A Xunta remata a execución da nova senda peonil na estrada AC-160, entre os concellos de Miño e Vilarmaior

0

O itinerario acometeuse no tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 7+000 e 7+880


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de execución dunha senda peonil na estrada AC-160, entre os Concellos de Miño e Vilarmaior.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Excavaciones y canalizaciones Conde S.

L. por importe de case 50.000 euros.

A senda desenvolveuse na marxe esquerda do tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 7+000 e 7+880.

A intervención centrouse na construción dun itinerario peonil dun ancho de 1,5 m, no que se utilizou firme de formigón.

Este itinerario facilitará a mobilidade dos veciños en condicións máis seguras e sustentables ao solucionar as carencias deste tramos de estrada que non dispoñía de beirarrúas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre