Inicio Galicia A Xunta remata a construción dunha pasarela peonil sobre o regato de...

A Xunta remata a construción dunha pasarela peonil sobre o regato de Alongos, no concello de Toén, completando a senda habilitada na estrada autonómica OU-402

0
image_gallery.jpg

A intervención, cun investimento autonómico de preto de 20.000 euros, consistiu na execución dunha pasarela de 2,4 metros de anchura na marxe esquerda da estrada


Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020.- A Xunta vén de rematar as obras de construción dunha pasarela peonil sobre o regato de Alongos, na estrada de titularidade autonómica OU-402, no Concello de Toén.

A intervención, que supuxo un investimento autonómico de preto de 20.000 euros, consistiu na execución dunha pasarela peonil de 2,4 metros de anchura na marxe esquerda desta vía, no punto quilométrico 8+100.

Con esta obra complétase o itinerario peonil executado con anterioridade polo departamento de Infraestruturas da Xunta nesta estrada autonómica, no lugar de Alongos.

Esta actuación precisou dunha longa tramitación para obter a autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Unha vez obtida, establecíase que a obra debía executarse en estiaxe, polo que foi necesario agardar para acometer os traballos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre