Inicio Galicia A Xunta reivindica o papel das xornalistas ao longo da historia para...

A Xunta reivindica o papel das xornalistas ao longo da historia para visibilizar ás pioneiras na loita pola igualdade de xénero

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiron hoxe á inauguración da mostra “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas”

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiron hoxe á inauguración da exposición “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas”, que recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes.

López Abella destacou a importancia de que a sociedade teña referentes femininos en ámbitos como a profesión xornalística que fixeron historia por ser precursoras e pioneiras nas súas especialidades e mulleres que destacaron en campos tradicionalmente masculinizados abrindo camiño ás novas xeracións.

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez. Cómpre lembrar que precisamente este ano celebrase o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal cunha ampla programación que permitirá divulgar a figura da autora.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre