Inicio Galicia A Xunta reitera o seu compromiso de redactar o proxecto da variante...

A Xunta reitera o seu compromiso de redactar o proxecto da variante de Ponteareas en canto o Ministerio de Fomento asine o convenio polo que se compromete a executala

0

Vázquez Mourelle entregoulle hoxe novamente ao alcalde a proposta de convenio que tamén remitiu ao Ministerio de Fomento o pasado mes de setembro

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas o compromiso da Xunta de contratar a redacción do proxecto da Variante da vila en canto o Ministerio de Fomento asine o convenio polo que se compromete a executala e financiala.

Vázquez Mourelle reuniuse esta tarde co rexedor municipal e expresoulle a vontade do Executivo autonómico de asinar o antes posible o convenio de colaboración que faga posible esta infraestrutura.

Deste xeito, a conselleira entregoulle novamente ao alcalde a proposta de convenio a tres bandas que xa lle presentara o pasado mes de agosto.

Trátase dun acordo de colaboración entre a Administración autonómica, o Goberno de España e o Concello que establece o reparto de responsabilidades necesario para desenvolver esta infraestrutura nos termos recollidos no protocolo que os tres executivos asinaron no ano 2015.

Esa proposta de convenio, que tamén foi remitida ao Ministerio de Fomento en setembro, establece o compromiso da Xunta de redactar o proxecto da Variante, que sería executada e financiada polo Ministerio de Fomento, asumindo finalmente o Concello a súa titularidade.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

Ethel Vázquez indicoulle ao alcalde que ata este momento a Xunta no ten resposta dos actuais responsables da Administración estatal, o que lle permitiría á Xunta licitar a redacción do proxecto desta infraestrutura de novo trazado con garantías de execución. A conselleira sinalou, ademais, a importancia dese pronunciamento do Ministerio de Fomento, xa que a Variante conectará dúas vías de titularidade estatal, a A-52 a N-120.

Na xuntanza de hoxe, a conselleira reiterou que a Xunta analizará a posibilidade de cofinanciar a primeira fase da depuradora de Ponteareas unha vez que o Goberno de España active a actuación, xa que se trata dunha obra declarada de interese xeral do Estado e polo tanto lle corresponde ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a competencia sobre a súa execución.


- Te recomendamos -