Inicio Galicia A Xunta reitera o seu compromiso coas persoas con discapacidade nunha xornada...

A Xunta reitera o seu compromiso coas persoas con discapacidade nunha xornada sobre dano cerebral adquirido

0

Destaca o novo pulo dado ás entidades que traballan neste ámbito ao incrementar un ano máis a contía dos convenios de colaboración coas mesmas, así como a importante oferta de prazas de atención diúrna

A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, participou hoxe no acto de apertura da xornada sobre Dano Cerebral Adquirido (DCA) organizada pola federación galega de entidades sociais que desempeñan a súa tarefa neste ámbito (Fegadace). Durante este encontro, que se desenvolveu na facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), fíxose entrega do VI Premio Fegadace-Miguel Blanco ao Instituto Universitario de Integración na Comunidade da Universidade de Salamanca (Inico).

Na súa intervención, Fabiola García, felicitou ao instituto salmantino por unha distinción que recoñece o papel no eido da investigación, docencia e difusión do coñecemento en materia de discapacidade. Ao respecto, puxo en valor o labor tanto deste instituto salmantino como de Fegadace e das asociacións que a integran na “defensa dos intereses e en favor da mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral e das súas familias”.

Leer más:  Santiago establece "zona urbana" para solicitar la intervención del Gobierno y expandir la utilización residencial de Peleteiro

A conselleira reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de “seguir incrementando o apoio a estas persoas na procura de achegar solucións que contribúan a normalizar a súa situación na sociedade”. Nesta liña, destacou que este ano o seu departamento autonómico incrementou nun 5% os convenios de colaboración coas entidades do campo da discapacidade, Fegadace incluída; ao que hai que engadir o importante investimento social que se dedica ao concerto de prazas para a atención diúrna. Fabiola García apuntou que este exercicio investiranse máis de 100 millóns de euros en atención ás persoas con discapacidade, cifra récord na autonomía.

Por último, a titular de Política Social subliñou a importancia de xornadas como esta para “dar visibilidade e concienciar á sociedade sobre o dano cerebral e a necesidade de continuar avanzando na normalización da situación das persoas afectadas”, e fixo un chamamento a “continuar traballando para, entre todos, facer de Galicia un lugar máis xusto, sen exclusións nin barreiras”, concluíu.


- Te recomendamos -