Inicio Galicia A Xunta reitera o seu compromiso coas entidades veciñais como axentes dinamizadores...

A Xunta reitera o seu compromiso coas entidades veciñais como axentes dinamizadores da vida social e cultural

0

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, visitou a Asociación de Veciños de Vilar de Astres que arranxou as súas instalacións ao abeiro da orde da Vicepresidencia destinada ás asociacións veciñais


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá a sede da Asociación de veciños de Vilar de Astrés, acompañada do alcalde, Jesús Vázquez Abad, onde indicou que o Goberno galego segue apoiando ás asociacións veciñais para que poidan acometer proxectos que benefician aos seus usuarios.

Díaz Mouteira indicou que este colectivo veciñal está a executar varias obras de mellora na súa sede, grazas ás axudas destinadas a apoiar os proxectos impulsados por estas entidades, que no caso concreto desta asociación acadou os 17.000 euros. O proxecto consiste na substitución do chan existente que filtra auga cando chove e provoca numerosas humidades no local , así como a adquisición de novo mobiliario.

Na provincia de Ourense, esta liña de axudas beneficiou a 22 asociacións cunha achega global de preto de 230.000 euros. Deste xeito, contribúese a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza, xa que todas estas organizacións traballan moi apegadas á cidadanía e ás súas demandas. A máxima representante do Goberno galego en Ourense puxo en valor estas subvencións e enmarcounas na aposta da Xunta polo asociacionismo veciñal e por todo aquilo que contribúa ao benestar dos cidadáns.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

Ao abeiro desta orde as entidades beneficiarias poden realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso; así como en camiños e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese dos habitantes da contorna, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.  


- Te recomendamos -