Inicio Galicia A Xunta reitera o seu compromiso coa protección de menores con novas...

A Xunta reitera o seu compromiso coa protección de menores con novas axudas para investimentos de mellora nestes centros

0

Esta liña de subvencións por valor de 625.000 euros permitiu mellorar as instalacións de 44 centros

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe a Casa de Familia Dignidade, un dos centros beneficiados das axudas da Consellería de Política Social para a realización de obras menores e de compra de equipamento. Así mesmo, é un dos 58 centros dependentes de entidades de iniciativa social que conforman a rede de acollemento residencial para menores baixo o sistema de protección da Xunta de Galicia.

A Casa de Familia Dignidade de Santiago recibiu este ano preto de 5.000 euros para a adecuación dun baño para persoas discapacitadas e a adquisición de cadeiras ergonómicas, xogos educativos e mobiliario. Mentres que o total das tres casas de familia xestionadas por esta entidade en Galicia recibiron 10.200 euros no 2018. Esta contía súmase aos máis de 21.000 euros que recibiu no 2017 ao abeiro da mesma orde. Ambas achegas enmárcanse na liña de axudas económicas destinadas ás entidades de iniciativa social que presten servizo de acollemento residencial ou de atención de día, que conta, por segundo ano consecutivo, con 625.000 euros. Foron 44 os centros beneficiados por esta orde.

Leer más:  Cuatro vecinos de Arteixo son detenidos por robar más de 250 botellas de aceite de oliva en supermercados de León

Cómpre lembrar que o pasado mes de setembro, o Goberno galego aprobou o contrato para a execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial ou de atención de día de persoas menores con medida de protección da Xunta de Galicia. Unha medida na que se investirán máis de 90 millóns de euros ate o ano 2023 para a cobertura de 516 prazas, delas 408 de acollemento residencial e 108 de atención de centro de día.

Neste ano 2018, a Xunta incrementou a partida destinada á atención á infancia ata os 32,2 millóns de euros. Esta leva consigo un incremento do 13% da partida específica destinada aos centros de protección de menores, o que garante unha mellora na calidade dos servizos que se dispensan aos nenas, nenos e adolescentes do sistema de protección. 


- Te recomendamos -