Inicio Galicia A Xunta reitera o compromiso do Goberno galego coas persoas con discapacidade...

A Xunta reitera o compromiso do Goberno galego coas persoas con discapacidade intelectual

0

A administración autonómica mantén 131 prazas residenciais e diúrnas nos distintos centros que xestiona Aspas e nos que inviste máis de 1,7 millóns de euros


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos representantes da Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Intelectual (Aspas), co obxectivo de coñecer as actividades que están realizando na actualidade, así como as necesidades da entidade.

O conselleiro destacou o labor desenvolvido por Aspas nas súas cinco décadas de vida, grazas ao cal promoveron servizos de calidade, axustados ás necesidades das persoas que incrementaron o seu grao persoal de benestar, autonomía e integración social. Na actualidade, a entidade conta con varios centros: residencia, centro de día, centro ocupacional, vivendas comunitarias e pisos tutelados. A Xunta ten concertadas 131 prazas no conxunto destes centros, cun investimento en 2018 superior a 1,7 millóns de euros. Ademais, Aspas conta con apartamentos en Santiago con capacidade para seis persoas con discapacidade intelectual con habilidades para a vida independente.

Leer más:  Jácome desoye las advertencias del Ministerio de Hacienda y despide al interventor municipal

O conselleiro lembrou que administracións e entidades deben seguir sumando esforzos para acadar a igualdade de dereitos e oportunidades de todos os galegos e galegas, con independencia das distintas capacidades que teña cada persoa. Neste sentido, Rey Varela, trasladou o seu compromiso á entidade de estudar a futura viabilidade de construción dun novo centro de día. O titular de Política Social incidiu no compromiso do Goberno galego coas persoas con discapacidade, que se pon de manifesto no incremento nun 8,6% das partidas económicas destinadas a atención deste colectivo no orzamento autonómico de 2018, o que supón unha cifra de 102,8 millóns de euros. Esta maior marxe orzamentaria redundará no aumento de prazas, a consolidación do concerto social, a subida dos convenios de colaboración coas federacións e entidades, así como a convocatoria dunha nova orde de axudas a concellos para a mellora da accesibilidade en espazos e edificios públicos. 


- Te recomendamos -