Inicio Galicia A Xunta reitera o apoio ao fomento do empoderamento feminino e o...

A Xunta reitera o apoio ao fomento do empoderamento feminino e o liderado das mulleres rurais

0

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha reunión por videoconferencia coa coordinadora do grupo Mulleres de Seu, Carmen Rodríguez


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, indicou a relevancia do apoio ao fomento do empoderamento feminino, o desenvolvemento profesional e o liderado das mulleres rurais no marco da reunión mantida esta mañá coa coordinadora do grupo Mulleres de Seu, Carmen Rodríguez.

Susana López Abella lembrou que dende o Goberno galego se traballa para mellorar a situación das mulleres rurais , fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes. Tamén considerou necesario fomentar e promover o protagonismo feminino na toma de decisións no medio rural, co fin de que as mulleres alcancen a representatividade que equitativamente lles corresponde.

Pola súa banda, a coordinadora do Grupo ‘Mulleres de Seu’, Carmen Rodríguez, sinalou que o objetivo de ‘Mulleres de Seu’ é crecer e fortalecernos. Rodríguez animou a “continuar mellorando os nosos programas, incorporando a máis mulleres, e sen dar as costas a ningún dos problemas das mulleres no mundo, que tamén son os nosos. O movemento de empoderamento da muller é irreversible no mundo, e correspóndenos a nós que no mundo rural teñamos os dereitos, o coñecemento e o recoñecemento do importante papel que a muller desempeña na sociedade rural.

Mulleres de Seu, foi merecedor de importantes recoñecementos como o Premio de Cooperativas Agroalimentarias de España na Categoría de Igualdade de Oportunidades, concedido en 2017, o Premio Agader 2018 ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural na Categoría de Mulleres, outorgado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia e, coa Medalla Emilia Pardo Bazán en 2019 polo seu traballo a prol da igualdade entre mulleres e homes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre