Inicio Galicia A Xunta reitera aos traballadores o seu compromiso para axudar a atopar...

A Xunta reitera aos traballadores o seu compromiso para axudar a atopar a mellor solución industrial para Alcoa

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe nunha reunión en Santiago que o obxectivo é tanto a continuidade do emprego como da produción de aluminio primario

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reiterou hoxe en Santiago de Compostela o compromiso da Xunta para axudar a atopar a mellor solución industrial para Alcoa. Conde, que mantivo un encontro de traballo con representantes das federacións sindicais e das seccións sindicais do comité de empresa da fábrica da Coruña que participan na mesa de seguimento de Alcoa, sinalou que o principal obxectivo de cara ao 30 de xuño é a continuidade tanto do emprego como da produción de aluminio primario.

Na reunión tanto a Administración autonómica como os representantes dos traballadores coincidiron en urxir ao Goberno central a aprobar canto antes o Estatuto da industria electrointensiva. O conselleiro apuntou que se está á espera de coñecer o contido do borrador, para o cal Galicia xa enviou as súas propostas, e pediu que o Goberno central, tanto desde o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo como desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica, asuma o liderado e presente unha resposta realista que achegue certezas e que estableza un marco eléctrico competitivo e estable, para poñer en igualdade de condicións a planta de Alcoa con respecto aos competidores a nivel europeo e a nivel internacional. Sinalou que este Estatuto de consumidores electrointensivos é a chave do futuro das plantas da multinacional.

O encontro celebrado hoxe permitiu avanzar na metodoloxía de traballo conxunta para acudir á reunión prevista co Goberno central, o Principado de Asturias e os representantes dos traballadores para o vindeiro 12 de marzo. Así, un dos aspectos que se abordaron foi a elaboración dun caderno de vendas no que se identifiquen as potencialidades e as capacidades da fábrica da Coruña para que sexa atractiva para posibles investidores e darlle así continuidade á actividade industrial.

Conde sinalou que Alcoa trasladou a súa intención de establecer un marco ordenado para poder atender as diferentes propostas que se trasladen por parte dos investidores, e que nese contexto é onde traballará conxuntamente a Xunta cos sindicatos para identificar cales son esas vías de solución.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre