Inicio Galicia A Xunta reitera a importancia de seguir traballando na concienciación e na...

A Xunta reitera a importancia de seguir traballando na concienciación e na sensibilización social entre todas as administracións na loita contra as agresións sexuais

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración do XIV curso de verán ‘Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Xénero, Violencias, Coeducación, Comunicación’


A secretaria xeral da Igualade, Susana López Abella indicou hoxe a importancia de seguir traballando na concienciación e na sensibilización social entre todas as Administracións na loita contra as agresións sexuaisA secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración do XIV curso de verán ‘Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Xénero, Violencias, Coeducación, Comunicación´, onde centrou a súa intervención sobre unha das formas de violencia de xénero exercida sobre as mulleres, as agresións sexuais.

López Abella indicou que a Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, tipifica como violencia de xénero á violencia sexual e os abusos sexuais, incluíndo calquera acto de natureza sexual forzada polo agresor ou non consentida pola muller, que abarcan a imposición, mediante a forza ou intimidación, de relacións sexuais non consentidas, e o abuso sexual, con independencia de que o agresor garde ou non relación conxugal, de parella, afectiva ou de parentesco coa vítima.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Santiago propone a Nicolás González Casares como candidato a las elecciones europeas

Ademais tamén tipifica como violencia de xénero o acoso sexual, que inclúe aquelas condutas consistentes na solicitude de favores de natureza sexual, para si ou para unha terceira persoa, nas que o suxeito activo se prevale dunha situación de superioridade laboral, docente ou análoga, co anuncio expreso ou tácito á muller de causarlle un mal relacionado coas expectativas que a vítima teña no ámbito da devandita relación, ou baixo a promesa dunha recompensa ou dun premio no ámbito desta.

O Goberno galego, o pasado ano puxo en marcha campañas concretas para a concienciación e sensibilización social contra as agresións sexuais, como as Xornadas de prevención e sensibilización da violencia sexual na mocidade nos sete campus galegos, co obxectivo de previr futuros casos de violencia sexual a través da formación en Igualdade dos mozos e mozas galego/as; o programa pioneiro de intervención con mulleres vítimas de abuso e violencia sexual en colaboración coa Fundación Meniños e o programa Dedaleira de detección e identificación de situacións contra a liberdade e indemnidade sexual en mulleres con discapacidade, en colaboración con Cogami.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

A titular de Igualdade rematou a súa intervención indicando que o pasado mes, Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma en levar a cabo unha campaña de prevención e actuación ante o acoso sexual nos lugares de traballo dirixida aos colexios profesionais, mediante a sinatura dun convenio de colaboración coa Asociación Galega de Auditores Socio-Laborais) e Unión Profesional de Galicia.


- Te recomendamos -