Trátase de seguir avanzando na parte do itinerario que se está a executar pola marxe dereita da estrada PO-307, que conectará na PO-306 coa senda xa rematada entre Vilanova e A Illa de Arousa
A ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade vén de reiniciar hoxe a execución das obras da senda peonil e ciclista en Vilanova de Arousa, na estrada que une o lugar de Deiro coa ponte da Illa de Arousa, suspendidas durante as semanas centrais do verán para minimizar a afección ao tráfico.
Esta actuación forma parte do novo itinerario impulsado pola Xunta en dous tramos, no citado itinerario da estrada PO-307, e na PO-549, desde TarrÃo a Cores, xa rematado. Os traballos foron licitados por un importe de máis de 1,8 millóns de euros.
Concretamente, na estrada PO-307 estase a executar unha senda pola marxe esquerda da estrada, no tramo comprendido entre o punto quilométrico 0 -na glorieta de intersección coa PO-549 e coa PO-530- e o punto quilométrico 1+640, na ponte da Illa de Arousa. Aà o novo itinerario peonil e ciclista conecta coa senda xa executada na PO-306, entre Vilanova e A Illa de Arousa. Este itinerario contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada mediante unha cuneta de seguridade e unha banda axardinada.
En canto a intervención na PO-549, xa se ten actuado no tramo comprendido entre o punto quilométrico 6+200 -situado en TarrÃo, na zona na que rematan as actuais beirarrúas- e o punto 7+210, que conecta cun tramo de beirarrúa executado no ano 2012 pola Xunta. No punto quilométrico 6+500 hai unha glorieta na intersección coa PO-307 na que conflúen as sendas proxectadas nas dúas estradas. Neste treito construÃronse sendas en formigón coloreado polas dúas marxes da estrada, que suman aproximadamente 2 quilómetros de lonxitude, cun ancho mÃnimo de dous metros.
Obra drenaxe na PO-307Coincidindo cos traballos de execución da senda, o departamento de Infraestruturas da Xunta ten previsto iniciar ao longo deste mesmo mes unha obra de ampliación da drenaxe da estrada PO-307, no punto quilométrico 0+035.
Esta nova intervención, adxudicada á empresa Hordescon, S.
L., conta cun investimento de máis de 34.000 euros. As obras contan cun prazo de execución duns dous meses.
O obxecto do contrato é mellorar a capacidade actual de desaugadoiro da obra de drenaxe transversal, substituÃndo o actual por un novo, que permitira dobrar a súa capacidade. Para a execución das obras será necesario o desvÃo ou a contención provisional da canle existente, asà como a restitución do mesmo unha vez estas finalicen.
Esta actuación do Goberno galego está incluÃda no Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés e está cofinanciada con fondos europeos do programa operativo FEDER 2014/2020.