Inicio Galicia A Xunta reforzará o Servizo de Axuda no Fogar para atender a...

A Xunta reforzará o Servizo de Axuda no Fogar para atender a 2.100 persoas maiores dependentes máis nos próximos meses

0

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello da Xunta, o lanzamento inmediato dun Plan de reforzo do servizo de axuda no fogar que permitirá atender nos próximos meses a 2.100 persoas maiores dependentes máis por toda Galicia e crear preto de 670 postos de traballo no ámbito social. Cun investimento de preto de 5 M€ que se suma aos 76,4 M€ orzados para cumprir en 2020 coa prestación do dito servizo.

A continuación e a modo de balance, Feijóo enumerou o amplo catálogo de recursos que o Goberno galego pon á disposición das persoas maiores para seren atendidos nas súas casa cando comezan a necesitar apoio. Entre os que figuran: as axudas para coidados na contorna familiar, o xantar na casa en 1.300 fogares, a teleasistencia para 5.400 persoas ou o propio Servizo de Axuda no Fogar.

Finalmente, incidiu en que a través do referido Servizo de Axuda no Fogar, que xestionan os concellos, pero financia nunha parte moi importante a Xunta de Galicia, reciben actualmente atención profesional 24.000 galegos e galegas en situación de dependencia, en torno ao 40% do total de persoas que reciben unha prestación ou servizo da Lei de dependencia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre