Inicio Galicia A Xunta reforza o seu compromiso cos galegos da quinta provincia de...

A Xunta reforza o seu compromiso cos galegos da quinta provincia de Galicia e o seu patrimonio cultural

0

O conselleiro de Cultura, os secretarios xerais de Emigración e Cultura e o delegado da Xunta en Bos Aires reúnense co embaixador español na Arxentina para consolidar a cooperación entre as institucións

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, reforzaron o seu compromiso cos galegos da Arxentina ao inicio dunha viaxe marcada polo encontro co embaixador de España, Francisco Javier Sandomingo Núñez, e o conselleiro de Empleo y Seguridad Social, José Luis Mira Lema. Durante a xuntanza, os reunidos puxeron en común os eidos de actuación nos temas máis relevantes.

A reunión, que forma parte do contacto permanente que manteñen o Goberno español e o galego co arxentino, precedeu ao encontro que mantiveron a continuación cos representantes do Centro Gallego de Bos Aires, aos que transmitiron o seu respecto polo proceso de negociación que están a manter de cara ao traspaso da xestión do seu hospital. Os responsables galegos expresaron o seu total apoio á vontade manifestada polos socios sobre a salvagarda do patrimonio do centro no proceso negociador, e lembráronlles que, no eido sanitario, o Estado español, co que colabora a Xunta de Galicia, mantén instrumentos que facilitan o acceso á asistencia sanitaria dos emigrantes españois, e os galegos en particular, que o precisen na Arxentina.

Respecto e apoio ao proceso de negociación“O Goberno galego mantén, como non pode ser doutro xeito, o seu compromiso de preservar o patrimonio cultural, artístico e bibliográfico, que acolle o Centro Gallego de Bos Aires”, sinalou Román Rodríguez, “e segue de cerca todo este proceso para ir actuando segundo proceda en cada momento”. Neste sentido o conselleiro explicou que desde a Xunta de Galicia se manteñen contactos ao máximo nivel co Goberno da Nación e que, en todo caso, se respectan as negociacións que neste momento manteñen os actuais propietarios cos interesados en adquirir o Centro respecto da xestión do devandito patrimonio cultural. En calquera caso, o conselleiro garantiu que “Galicia estará á altura das circunstancias” para preservar e manter “este rico legado cultural e histórico que atesouraron os galegos de aquí”.

Rodríguez Miranda, pola súa banda, salientou “a importancia deste legado cultural que, malia ser propiedade dunha entidade privada e estar rexido polas leis arxentinas, posúe un gran valor sentimental para Galicia. E así o reflectiu o Parlamento de Galicia de xeito unánime co apoio ao manifesto que aposta pola conservación destes bens”.

Visitas ás entidades de Mos e Lalín, Agolada e SilledaOs representantes da Xunta de Galicia aproveitaron a súa viaxe á capital arxentina para visitar a Asociación Galega de Residentes de Mos, que está a celebrar o seu centenario cunha delegación de veciños do concello pontevedrés, e manter un encontro cos seus socios. Tamén o Centro Lalín, Agolada y Silleda recibiu á comitiva galega, que percorreu as instalacións e se interesou pola súa realidade actual.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre