Inicio Galicia A Xunta reforza o seu apoio ás persoas xordas ao aumentar un...

A Xunta reforza o seu apoio ás persoas xordas ao aumentar un 5% o convenio coas entidades que traballan neste ámbito

0

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, asistiu hoxe en representación da Consellería de Política Social ao Encontro Interxeracional de Persoas Maiores e Mozas Xordas de Galicia, que se desenvolveu na Residencia Universitaria Monte da Condesa. O evento, organizado pola Federación da Asociación de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), consistiu no desenvolvemento de varias charlas-coloquio sobre a dinamización deste colectivo e o futuro movemento asociativo, e incluíu unha comida de confraternidade; así como, dentro da parte máis lúdica do encontro, a celebración dunha gymkhana na que os participantes amosaron as súas habilidades.

O responsable das políticas de inclusión do Goberno galego aproveitou a súa asistencia aos actos para enxalzar a Faxpg polo “traballo que realiza a pé de rúa e moi ao carón das persoas”, ao tempo que valorou o interese que ten por seguir mellorando a calidade dos servizos que presta en alusión ao Selo de Excelencia Europea 300+ que recentemente recibiu a devandita federación.

Ademais, Arturo Parrado garantiu a continuidade do apoio da Xunta a este colectivo. Nesta liña, lembrou que o Consello da Xunta vén de aprobar un convenio de colaboración coa entidade para o mantemento do servizo de intérpretes de linguaxe de signos e dun servizo integral para persoas xordas, xordocegas e persoas con discapacidade auditiva. Unha colaboración que verá incrementada a achega económica da Administración galega un 5% ate alcanzar os 759.826 € e que permitirá chegar a máis de 5.100 beneficiarios.

Leer más:  En Galicia, el tiempo de espera para una primera consulta con el especialista es de 73 días y de 67 días para ser operado

Por último, o director xeral insistiu en que “a colaboración entre administracións e entidades é primordial para axudar a aquelas persoas que máis o precisan”; e engadiu que “o traballo que desenvolven entidades como Faxpg é vital para alcanzar a plena inclusión das persoas con diferentes capacidades”. 


- Te recomendamos -