Inicio Galicia Lugo A Xunta reforza no concello de Friol a atención de proximidade coa...

A Xunta reforza no concello de Friol a atención de proximidade coa ampliación do equipo sociocomunitario básico

0

A agrupación de municipios formada por Friol e Guntín dispoñen na actualidade dun traballador social máis que se financia a través do Plan Concertado

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe no seu despacho de San Caetano co alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez, no marco da rolda permanente de entrevistas que o titular da carteira autonómica mantén cos responsables das corporacións locais de Galicia. O obxectivo destas xuntanzas de traballo é repasar estado dos programas e recursos no ámbito social de cada localidade e, ao mesmo tempo, estudar posibles novas liñas de colaboración.

No caso do municipio lucense de Friol, o conselleiro destacou o incremento en máis dun 48% das horas postas a disposición deste concello e do de Guntín para a atención a persoas dependentes a través da axuda no fogar (SAF). Desde a creación da Consellería de Política Social en 2015 ata a actualidade habilitáronse 8.808 novas horas ata sumar un total anual de 26.856. Este reforzo supón un investimento por parte da administración autonómica superior aos 195.000 euros e permite que, a día de hoxe, nestes dous municipios lucenses a ratio de atención nesta prestación sexa do 94%.

Leer más:  Contratos con Eulen y servicio de rastreo de la covid, entre los documentos exigidos a Xunta en la Comisión del Congreso

Por outra banda, Rey Varela fixo fincapé na importancia da colaboración e coordinación entre administracións para artellar as mellores políticas sociais; e defendeu a importancia de contar cuns servizos de proximidade que sexan de calidade, posto que os concellos son a primeira porta de entrada das necesidades sociais. Neste obxectivo enmarcou o reforzo dos equipos sociais comunitarios a través do Plan Concertado, o que fai posible que Friol e Guntín dispoñan na actualidade dun traballador social máis.

O conselleiro e o rexedor de Friol acordaron seguir afondando nesta liña de diálogo para avanzar na mellora da carteira de servizos sociais que existe neste concello lucense e, nomeadamente, na resolución de trámites para o avance de novas infraestruturas sociais.


- Te recomendamos -