Inicio Galicia A Xunta reforza as medidas de apoio á integración laboral do colectivo...

A Xunta reforza as medidas de apoio á integración laboral do colectivo xitano cunha aportación do 0,7% do IRPF destinado a programas sociais

0
image_gallery.jpg

Gonzalo Trenor mantivo un encontro cos responsables da Fundación Secretariado Gitano, entidade que o ano pasado recibiu 63.000 euros a través deste programa


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta tarde un encontro cos responsables da Fundación Secretariado Gitano, entidade cuxo obxectivo é lograr a inclusión laboral do colectivo, e que recibiu o ano pasado unha achega da Xunta de 63.000 euros con cargo a asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) para esta finalidade.

Trenor sinalou que esta partida correspóndese coa parte dos fondos derivada da casilla social do IRPF que xestiona a Consellería de Política Social, que se engade aos 457.000 euros xestionados pola Secretaría Xeral de Igualdade e aos 499.000 que corresponden á Consellería de Sanidade, entre outras achegas. En total, trátase dunha cantidade conxunta de 18 millóns de euros.

Esta liña de axudas, destinada a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social, reforza o conxunto de medidas de apoio á integración social e laboral deseñadas polos distintos departamentos da Xunta de Galicia. A convocatoria deste ano, cuxo prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 21 de outubro, conta cun orzamento total de 17,1 millóns de euros para facilitar ás entidades sociais a planificación dos programas que van desenvolver.

Tres tipos de programasOs programas que se poderán financiar serán de tres tipos: de loita contra a violencia de xénero e fomento da igualdade; de asistencia a persoas maiores, persoas con discapacidade, infancia e mocidade, así como programas que favorezan a inclusión social; e de prevención, redución do dano, atención integral e incorporación social no ámbito das persoas con trastornos aditivos.

As axudas financiarán gastos correntes deste tipo de programas, aínda que no caso da orde que xestiona a Consellería de Política Social, a de máis contía, tamén está previsto financiar gastos de investimento referidos a obras de equipamento, rehabilitación ou adquisición de vehículos adaptados. Para facilitar a tarefa destas entidades, anticiparáselles o 100% da axuda, cuxa xustificación terán que presentar ante a Administración autonómica.

Rectificación Goberno centralGonzalo Trenor lembrou que o Goberno central aumentou a asignación destinada a Galicia ao pasar dun incremento do 0,9%, o correspondente á actualización segundo o Índice de Prezos ao Consumidor (IPC), a un incremento do 22%. Unha rectificación realizada logo de atender ás alegacións presentadas pola Xunta e as entidades sociais da Comunidade.

Isto traducirase en 3,2 millóns máis de fondos con respecto á cantidade asignada o ano pasado. Trenor calificou esta rectificación como “de moi necesaria, xa que se trata de axudas dirixidas ás entidades que traballan os 365 días de ano ao servizo de quen máis o necesita, especialmente nestes momentos de tantas dificultades”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre