Inicio Galicia A Xunta reforza a Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso...

A Xunta reforza a Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso con 158 unidades máis e a incorporación de 240 novos profesores

0

O obxectivo é garantir a calidade do ensino e adoptar as medias establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio da actividade lectiva


 Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2020.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de autorizar a creación ou habilitación de 158 novas unidades (grupos de clase) en centros públicos de educación Infantil, Primaria e Educación Especial, o que levará consigo a incorporación de 240 novos mestres o vindeiro curso escolar. Con esta medida, o Goberno galego reforza os medios destinados ao sistema educativo co obxectivo de garantir a calidade do ensino así como cumprir coas medidas establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio da actividade lectiva nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre