Inicio Galicia A Xunta reforza a atención á discapacidade no Barbanza ao financiar 9...

A Xunta reforza a atención á discapacidade no Barbanza ao financiar 9 prazas máis nos centros da Asociación Ámbar

0

Concédelle una axuda de 520.000 euros, 300.000 euros máis dos que se lle outorgaba no 2009


A conselleira de Política Social, Fabiola García, subliñou esta mañá o compromiso da Xunta de Galicia por reforzar a atención á discapacidade na comarca do Barbanza ao financiar no último ano 9 prazas máis nos centros da Asociación Ámbar. Deste incremento na oferta, 7 foron no centro ocupacional e 2 prazas no centro de día.

Cómpre sinalar que este aumento de prazas débese en maior medida aos 520.000 euros de axuda que se lle concederon ao colectivo o ano pasado, 300.000 euros máis dos que se lle outorgaban no 2009. Un feito que levou a financiar 22 prazas máis que hai unha década, ata acadar na actualidade as 67.

Así mesmo, este importe tamén serviu para que a entidade puxese en marcha diferentes accións formativas para a inclusión das persoas con diferentes capacidades no mercado laboral.

A conselleira de Política Social destacou o papel de Ámbar na atención ás persoas con diversidade funcional, xa que presta servizo a máis do 25% das persoas con distintas capacidades da comarca do Barbanza. E ademais, realiza un gran labor en materia de sensibilización e concienciación do conxunto da sociedade para erradicar as dificultades cotiás coas que se atopan.

Ao respecto, Fabiola García asegurou que este cometido é compartido coa Xunta, pois salientou a importancia de vertebrar unha acción conxunta con todas as entidades sociais para conseguir que Galicia “sexa un lugar no que ter distintas capacidades non implique nunca ter menos oportunidades”.

Un compromiso, recordou, que se rubrica nos Orzamentos da Administración autonómica que levan en vigor desde comezos de ano, posto que contemplan unha partida de máis de 106 millóns de euros destinados a discapacidade, un 63% máis que hai unha década. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre