Inicio Galicia A Xunta reforza a aposta por seguir avanzando cara a unha igualdade...

A Xunta reforza a aposta por seguir avanzando cara a unha igualdade real entre homes e mulleres

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiron á presentación do proxecto ‘Referentes Galegas’ impulsado por Executivas de Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, defendeu hoxe a aposta do Goberno galego por seguir avanzando para acadar unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, xa que para a Xunta é unha prioridade e para iso ten en marcha un amplo abano de iniciativas e accións para promover a posta en valor do papel das mulleres en ámbitos como a ciencia ou o rural.

Susana López Abella e a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey asistiron á presentación do proxecto Referentes Galegas impulsado por Executivas de Galicia, e no que participou a súa presidenta, Carla Reyes Uschinsky.

López Abella lembrou que Referentes Galegas presentouse a nivel autonómico o pasado mes de novembro e ten como obxectivo dar visibilidade ás mulleres profesionais galegas que son líderes nos seus respectivos sectores co fin de crear unha base de datos pública para medios de comunicación, organismos ou entidades que requiran a colaboración ou información dunha profesional muller, xa sexa como relatora, como colaboradora nunha publicación, como experta ou simplemente como persoa de referencia para unha consulta.

A secretaria xeral da Igualdade indicou que é necesario impulsar a presenza das mulleres nos espazos de decisión e de liderado. Para favorecer o emprego e o emprendemento feminino, a Xunta puxo en marcha hai anos, o programa Emega, como medida integral de promoción da igualdade no eido laboral, que persegue apoiar o desenvolvemento da actividade empresarial e accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar, esenciais para o éxito da iniciativa emprendedora feminina. Deste xeito, búscase que mulleres emprendedoras poidan materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo tamén á creación de novos postos de traballo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre