Inicio Galicia A Xunta refírese á feira do libro de Vigo como unha cita...

A Xunta refírese á feira do libro de Vigo como unha cita fundamental para reactivar o sector editorial

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na cidade olívica na presentación desta cita anual de referencia para escritores e lectores


O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na rúa do Príncipe da cidade olívica desde o vindeiro 25 de xuño coa colaboración da Xunta de Galicia, a participación de numerosos autores e cun 10% de desconto en todos os exemplares.

A de Vigo é a segunda parada do calendario destas feiras que se estrearon o 13 de xuño en Santiago de Compostela, sendo a primeira cita feiral que se celebra en España despois do período de confinamento pola covid-19. Nesta ocasión, na que a pregoeira será María Xosé Queizán, no programa inclúense preto de 50 sinaturas de autores como Elba Pedrosa, Emma Pedreira, Manuel Bragado ou Antón Patiño, entre outros.

Anxo M. Lorenzo explicou que esta cita anual é unha referencia para os escritores e lectores de toda Galicia a especialmente dos da área de influencia de Vigo que só é posible grazas ao importante traballo que realizan desde a Federación de Librarías de Galicia. “Trátase dunha cita á altura do sector editorial galego e unha oportunidade para reactivar o sector do libro e as librarías despois dos meses de parón provocados polo confinamento”, explicou. Nesta mesma liña, asegurou que se trata dunha actividade que conta con todas as medidas necesarias para que sexa un evento seguro tanto para os visitantes como para os propios autores e libreiros”.

Na rúa do Príncipe, onde a feira estará instalada ata o vindeiro 4 de xullo, contarán cun espazo propio as librarías Librouro, Cortizas, Nobel Gran Vía, Pedreira, Hobbit, A Gata Tola, o Centro de Documentación Feminista de Vigo e a Biblioteca Neira Vilas.

Nove paradasO calendario das Feiras do Libro 2020, que contan cunha liña de actuación permanente desenvolvida pola Xunta en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, está composto por nove paradas. As seguintes despois de Santiago de Compostela e Vigo son: Ponteareas, do 9 ao 12 de xullo; Redondela, do 16 ao 19, e Rianxo, do 23 ao 26. Xa en agosto haberá citas na Coruña, do 1 ao 10; Foz, do 20 ao 23, e Monforte de Lemos, do 26 ao 29. Pecharase a edición deste ano coa feira de Ourense, do 9 ao 12 de outubro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre