Inicio Galicia A Xunta reduce case á metade o consumo enerxético e emisións contaminantes...

A Xunta reduce case á metade o consumo enerxético e emisións contaminantes do CEIP Santa María, na Fonsagrada, grazas á reforma integral

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que no último ano a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu 915.500 euros neste colexio


A Xunta de Galicia levou a cabo unha reforma integral do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Santa María, na Fonsagrada, que propiciou un aforro do 45% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 47,40% en emisións contaminantes de dióxido de carbono.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o centro, no que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu 915.500 euros no último ano, tanto nas obras de rehabilitación enerxética como noutras melloras puntuais.

Así, o proxecto principal de rehabilitación incluíu obras na estrutura, como a substitución do material de cubrición por panel sándwich nervados de chapa prelacada de aceiro e o illamento térmico baixo cuberta e na fachada con sistema SATE; tamén a substitución de fiestras e persianas e a colocación de novas luminarias.

A accesibilidade mellorouse coa instalación dun ascensor no bloque central e a reforma de ramplas; renováronse varios aseos de alumnos e profesores e mudouse o pavimento das aulas de Infantil por un novo pavimento vinílico. Igualmente, colocáronse válvulas termostáticas nos radiadores existentes e instaláronse doce novos, así como falso teito rexistrable, con panel acústico de lá de roca en aulas, biblioteca, despachos e hall principal e de placa vinílica en aseos, almacéns e salas de instalacións.

Por último, no marco desta intervención, reparáronse e pintáronse os paramentos interiores, puliuse o pavimento de terrazo e esmaltáronse as carpinterías interiores e radiadores do centro. Con posterioridade, acometéronse dúas actuacións complementarias, que supuxeron a adaptación dun baño e da zona exterior de xogos, coa colocación dun pavimento de seguridade infantil.

O delegado territorial subliñou que a Xunta garante “instalacións axeitadas e de calidade nos centros de ensino público, prestando especial atención á seguridade, a accesibilidade e a sustentabilidade económica e ambiental”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre