Inicio Galicia A Xunta redactará o plan de sendas do baixo Miño coa fin...

A Xunta redactará o plan de sendas do baixo Miño coa fin de acceder aos fondos europeos do período 2021- 2027

0

Vázquez Mourelle trasladoulle ao rexedor que o plan estudará a priorización, de acordo con criterios técnicos obxectivos, da execución dunha senda arredor do Monte de Santa Tegra

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, que a Xunta vai redactar o Plan de sendas da comarca do Baixo Miño coa fin de acceder aos fondos europeos do período 2021-2027 para cofinanciar as actuacións.

Vázquez Mourelle trasladoulle ao rexedor que, no marco dese plan, se estudará a priorización, de acordo con criterios técnicos obxectivos, da inclusión da execución dunha senda peonil na estrada PO-352, arredor do Monte de Santa Tegra.

Trátase, concretamente, dun itinerario peonil a desenvolver en dous treitos, pola marxe dereita da estrada autonómica: entre os puntos quilométricos 2+250 e 4+094 e entre o 5+264 e o 6+300, sumando unha lonxitude total de case 3 km.

Este itinerario permitiría completar un percorrido circular arredor do monte, o que reforzaría o atractivo turístico desta contorna.

Unha vez que a Xunta teña redactado o Plan de Sendas da comarca do Baixo Miño estudará o encaixe no mesmo deste itinerario da Guarda.

Cómpre lembrar que o Plan de Sendas, que a Xunta xa ten en pleno desenvolvemento en distintas comarcas galegas, parte dunha análise global do territorio, priorizando actuacións que atenden a criterios técnicos obxectivos e factores como a situación dos núcleos de poboación, servizos ou equipamentos; o tráfico e a sinistralidade que rexistra cada treito da estrada; a orografía e as pendentes do terreo; o clima; a facilidade de implantación ou a posibilidade de conectar con percorridos xa existentes.

Os obxectivos prioritarios desta iniciativa da Xunta, de construción de itinerarios peonís e ciclistas sostibles, seguros e integrados na paisaxe, son protexer e incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas e promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre