Inicio Galicia A Xunta recorda que a Administración autonómica será quen asuma os custos...

A Xunta recorda que a Administración autonómica será quen asuma os custos adicionais das eleccións do 12 de xullo

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recordou hoxe que a Administración autonómica asumirá os custos adicionais que se deriven da implantación de medidas de prevención da covid-19 na xornada electoral do 12 de xullo.

Así se recolle no Protocolo de medidas preventivas aprobado pola Xunta, e que xa foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 30 de maio. Este documento xa fora tratado nunha reunión previa coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). O vicepresidente da Xunta reuniuse hoxe de novo por videoconferencia co seu presidente, Alberto Varela, e con representantes da xunta de voceiros do organismo. Este encontro enmárcase nas xuntanzas que o Goberno galego está a manter coa Fegamp para manter aos concellos galegos informados ante as medidas relacionadas coa covid-19 e, neste caso, co desenvolvemento da organización xornada electoral.

Deste xeito, Alfonso Rueda destacou que se trata dunha nova reunión para “seguir traballando na colaboración que debe darse entre a Xunta e os concellos galegos co obxectivo de que o 12 de xullo estea todo preparado para que sexa unha xornada electoral con tódalas garantías desde o punto de vista sanitario”. A Xunta trasladoulle de novo aos concellos que a Administración autonómica asumirá os custos da subministración do material de protección (máscaras, xel hidroalcohólico, luvas) e da cartelería coas pautas e recomendacións; así como das tarefas de limpeza, desinfección e control de acceso dos locais electorais. Nesta liña, o vicepresidente da Xunta incidiu en que se intensificará a ventilación e as actuacións de limpeza e desinfección, tanto antes como durante a xornada e facendo fincapé nas superficies máis expostas. Da mesma forma, a Xunta habilitou un equipo de 133 representantes da Administración para a coordinación e colaboración na adopción de medidas preventivas fronte á covid-19 que se encargarán de supervisar os locais electorais antes e durante a propia xornada electoral. Estes 133 coordinadores de prevención xa recibiron formación a semana pasada e, hoxe mesmo, comezaron a inspeccionar os locais para comprobar se cumpren con todas as garantías. A previsión é que rematen de revisalos todos nesta semana. Se algún local non cumprise coas garantías sanitarias, buscaríase en colaboración cos concellos unha nova ubicación.

Protocolo para unhas eleccións segurasO Protocolo de medidas de prevención sanitaria para a xornada electoral do 12 de xullo aprobado pola Xunta conta co visto bo de saúde pública e do comité clínico. Con estas medidas preténdese, tal e como insistiu o vicepresidente da Xunta, que “calquera persoa que se achegue a un colexio electoral poida exercer o seu dereito a voto con tódalas garantías”. Entre outras medidas, establece que será obrigatorio usar máscaras e hixienizar as mans antes de proceder ao voto. O Protocolo tamén establece que se deberán evitar aglomeracións e respectar as distancias de seguridade dentro dos locais electorais: de dous metros cando sexa posible e, cando non, deberase gardar en todo caso unha distancia dun metro, tendo en conta que todas as persoas estarán usando equipamentos de protección. Nesta mesma liña, tamén se organizará a entrada dos votantes, que deberán acceder por norma xeral de forma individual. Priorizarase a entrada dos maiores de 65 anos ou das persoas con algún tipo de discapacidade. En todos os locais, colocarase cartelería para facilitar o seguimento das pautas sanitarias, así como para indicar os fluxos de circulación dentro dos locais e levaranse a cabo as actuacións de limpeza e desinfección necesarias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre