O certame ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e fomentar asà o emprendemento
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020.- A Xunta vén de resolver a concesión dos premios do concurso Eduemprende Idea 2020, o certame anual que busca estimular o emprendemento mediante a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), os seis equipos de estudantes gañadores recibirán un total de 12.000 euros, poderán incorporarse a un viveiro de empresas da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade e recibir asesoramento técnico do Igape para desenvolver os seus proxectos.
O certame, que naceu en 2015 no marco do Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia (Eduemprende), ten como obxectivo implantar a cultura emprendedora na comunidade educativa. AsÃ, busca dar resposta ás necesidades da sociedade e os cambios na concepción dos procesos de ensino e aprendizaxe, para reforzar os vÃnculos entre educación, empresa, investigación e innovación.
Os galardóns constan de dúas modalidades, A e B, dirixidas ao alumnado de ciclos de grao superior e de grao medio, respectivamente. En ambas as dúas modalidades o primeiro premio será de 3000 euros, o segundo de 2000 e o terceiro de 1000. Na modalidade A, dirixida a alumnado de ciclos de grao superior, resultaron premiados os seguintes centros e estudantes: Premio