Inicio Galicia A Xunta recoñece o traballo de 20 estudantes cos premios extraordinarios de...

A Xunta recoñece o traballo de 20 estudantes cos premios extraordinarios de ESO ao rendemento do curso 2019/2020

0
image_gallery.jpg

A Consellería de Educación convoca cada ano estes galardóns que teñen como obxectivo valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou educación secundaria obrigatoria en Galicia cun excelente aproveitamento


A Xunta ven de recoñecer o traballo de 20 estudantes de centros educativos galegos cos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/2020. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destes galardóns, que teñen como obxectivo dar valorar e dar visibilidade pública ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou esta etapa educativa cun excelente aproveitamento.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade dota cada un destes premios cun galardón de 750 € un diploma acreditativo. O recoñecemento figurará, ademais, no expediente académico de cada persoa galardoada.

Puideron acceder a esta convocatoria as alumnas e alumnos que cursasen o pasado ano académico o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica.

Alumnos premiadosNesta edición na provincia da Coruña resultaron galardoados seis alumnas e alumnos, en concreto Mateo Pérez Soto (IES Agra de Raíces, Cee), Marta Duckworth Juárez (CPR Plurilingüe Compañía de María, A Coruña), Eva Montoto Pintos e Samuel Vidal Mariño (ambos do IES de Cacheiras, Teo), e Alejandro Amoedo Fontoira, Claudia Santos Freire e Tomás Pereira Angueira (os tresdo CPR Manuel Peleteiro, Santiago de Compostela).

Na provincia de Lugo resultaron premiados Antía Carpintero Ramos (IES da Terra Chá, José Trapero Pardo, Castro de Rei), Antía Castro Díaz (IES Lucus Augusti, Lugo), Aram Reza Mirabedini Álvarez (IES Lama das Quendas, Chantada), Gabriel Prieto Cabarcos (IES Santiago Basanta Silva, Vilalba) e Rachel Elizabeth Rodríguez José (IES Xoán Montes, Lugo); mentres que en Ourense o galardoado é Roi López Barata (CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús).

Pola provincia de Pontevedra reciben o recoñecemento Sanaa Aboufaris Ouahlim (CPI do Toural, Vilaboa), Diego Fariña Rodríguez (IES Rosais 2, Vigo), Carmen Nimo Piñeiro (CPR Sek-Atlántico, Poio), Candela Rivas López (CPR Plurilingüe San José de Cluny, Vigo), Clara Senín Sánchez (IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa, Josué Troncoso Campos (IES Plurilingüe Terra de Turonio, Gondomar) e Claudia Villar Cebada (IES República Oriental do Uruguai, Vigo). 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre