Inicio Galicia A Xunta recoñece o papel das mulleres emprendedoras e empresarias como motor...

A Xunta recoñece o papel das mulleres emprendedoras e empresarias como motor da economía

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración da gala dos Premios Son Muller 2019 organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe o papel relevante das mulleres emprendedoras, empresarias e empresarias rurais como motor da economía e forza transformadora de cambio e progreso da sociedade.

Na súa intervención na gala dos Premios Son Muller 2019, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo, incidiu en que as galardoadas nesta edición por destacar no seu ámbito profesional demostran a capacidade e o saber facer das mulleres na provincia lucense. Á entrega tamén acudiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

López Abella indicou que as mulleres emprendedoras son exemplo de empoderamento e potencian a creatividade, a innovación e o valor engadido coa posta en marcha de proxectos competitivos.

O Goberno galego vén materializando desde hai anos o seu compromiso coa igualdade de oportunidades e tamén co seu apoio ao liderado feminino e á presenza das mulleres en todas as esferas da sociedade, incluíndo os postos de decisión e influencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre