Inicio Galicia A Xunta recoñece o importante labor dos profesionais da linguaxe de signos...

A Xunta recoñece o importante labor dos profesionais da linguaxe de signos no desenvolvemento persoal e laboral das persoas xordas

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, inaugurou o acto de conmemoración dos 25 anos da figura do especialista en Lingua de Signos Española (LSE)

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, inaugurou esta tarde o acto de conmemoración do 25 aniversario da figura do especialista en Lingua de Signos Española (LSE), organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, onde recoñeceu o seu importante labor, que contribúe ao desenvolvemento persoal e laboral das persoas xordas.

Na súa intervención, a secretaria xeral, explicou que a Xunta conta con políticas centradas no fomento do emprego inclusivo, pois o traballo é unha ferramenta esencial para avanzar no camiño da inclusión na sociedade de todos os galegos e galegas. Promover a integración laboral e a calidade no traballo das persoas con máis dificultades para atopar un emprego son obxectivos prioritarios do Goberno galego recollidos na Axenda20.

O acto incluíu unha proxección repasando os 25 anos da figura do especialista en LSE, así como unha mesa redonda na que se abordaron os novos desafíos e retos na ensinanza desta lingua.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre