Inicio Galicia A Xunta reclama ao Goberno de España que pague a totalidade do...

A Xunta reclama ao Goberno de España que pague a totalidade do diñeiro que lle debe ás comunidades e non só unha parte

0

Feijóo recorda que a Galicia se lle deben 700 millóns de euros, unha contía que precisa para que non haxa tensións na tesourería e que non é do Ministerio de Hacienda, senón que é da Facenda galega e dos servizos públicos galegos


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou hoxe ao Goberno de España que pague a totalidade do diñeiro que lle debe ás comunidades e non só unha parte.“Pedimos que se libere a totalidade do diñeiro de forma inmediata, porque ese diñeiro non é do Goberno central”, dixo, recordando que a Galicia se lle deben 700 millóns de euros, unha contía que precisa para que non haxa tensións na tesourería.

Logo de insistir en que ese diñeiro non é do Ministerio de Hacienda, “senón que é da Facenda galega e dos servizos públicos galegos”, o presidente da Xunta lamentou este tipo de actuacións por parte do Estado, que demostran que Galicia tiña razón desde o primeiro momento e que non existen razóns obxectivas para explicar o porqué de non pagar todo o diñeiro que se lle debe ás comunidades.“Ao principio cando empezou a aflorar esta débeda dicíase que era un invento da Xunta. Despois, aceptouse a débeda pero dicíase que non se podía pagar. Logo, que había un informe da Avogacía do Estado que, primeiro, non existía, pero que se fixo posteriormente. Despois, díxose que se resolvería no mes de decembro e, agora, ás poucas horas de coñecerse a nova convocatoria electoral, din que van pagar unha parte e a deixar a deber outra”, explicou o responsable do Executivo autonómico a modo de resumo.

Diante desta situación, Feijóo concluíu reclamando novamente “respecto” para os galegos e que se libere a totalidade do diñeiro sen máis demora.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre