Inicio Galicia A Xunta reclama a Alcoa e a Lberty House que subsanen as...

A Xunta reclama a Alcoa e a Lberty House que subsanen as cuestións que dificultan o peche da operación de compra-venda

0
image_gallery.jpg

Reitera a importancia de que tanto Alcoa como a empresa Liberty House persistan na senda do acordo


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reclamou hoxe a Alcoa –unha solicitude que fai extensiva a Liberty House– que subsane as cuestións que dificultan o peche da operación de compra-venda da planta de San Cibrao. Así o manifestou durante unha nova xuntanza da mesa multilateral onde apelou á necesidade de avanzar nas negociacións para acadar unha solución definitiva para a factoría da Mariña e os traballadores que dependen dela.

O conselleiro apelou ao diálogo e reiterou a importancia de que tanto Alcoa como a empresa Liberty House persistan na senda do acordo. Nesta liña, é fundamental que o Goberno central non demore máis un prezo eléctrico que permita reducir os custos enerxéticos de factorías como a de Alcoa en San Cibrao. A industria electrointensiva segue á espera do Estatuto do consumidor electrointensivo; de que se autoricen as compensacións por custos indirectos de CO2 ata o máximo que permite a Unión Europea e de que se poña en marcha o novo mecanismo de xestión da demanda que substitúa a poxa por interrompebilidade.

Conde reiterou todo o apoio da Xunta de Galicia para que a fábrica de San Cibrao poida contar cun plan de futuro que garanta a actividade e o emprego, a máxima prioridade da Administración autonómica.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre