Inicio Galicia A Xunta recibe un total de 191 propostas innovadoras para a xestión...

A Xunta recibe un total de 191 propostas innovadoras para a xestión dos recursos hídricos a través do proxecto Innovaugas

0

A Xunta recibe un total de 191 propostas innovadoras para a xestión dos recursos hídricos a través do proxecto Innovaugas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de recibir un total de 191 propostas innovadoras do sector empresarial e do mundo da investigación para o desenvolvemento de solucións para a xestión dos recursos hídricos no marco do proxecto ‘Innovaugas 4.0’.

O traballo impulsado no último mes pola Xunta para o desenvolvemento deste proxecto estratéxico, dotado cun investimento de 7 millóns de euros e cofinanciado polo pondo europeo FEDER, ten permitido que o mercado empresarial e científico-técnico da auga concorrese con iniciativas tecnolóxicas e recursos novidosos que contribuirán a unha mellor xestión da auga.

Augas de Galicia está agora a realizar un intenso traballo de análise e selección das propostas dos axentes do mercado de maior utilidade e que encaixen mellor cos tres retos da iniciativa: xestión do recursos hídricos e do medio ambiente, a resiliencia fronte o cambio climático e a economía circular. As propostas seleccionadas serán a base para a confección dos pregos de contratación para executar as melloras na xestión hídrica nunha conca piloto da Demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

O reto que espertou maior interese foi o relacionado coa xestión dos recursos hídricos e do medio ambiente, ao que se presentaron un total de 94 iniciativas. Destas propostas seleccionaranse as mellores alternativas para a obtención de sistemas integrais de información a través de ferramentas de incorporación de datos en tempo real e a súa adaptación á toma de decisións por parte de Augas de Galicia. Tamén se analizan neste primeiro reto, as iniciativas que promoven a aplicación de técnicas non convencionais de valoración e predición do estado de conservación do dominio público hidráulico.

O mercado tecnolóxico e da innovación tamén amosa a súa capacidade para atender as pautas marcadas por Augas de Galicia no segundo reto de ‘Innovaugas 4.0’, de resiliencia fronte o cambio climático, cun total de 37 iniciativas presentadas. Este apartado reúne as propostas de ferramentas innovadoras para a mellora dos sistemas de abastecemento fronte á seca. Ademais neste segundo reto, o proxecto busca sistemas para reducir o impacto dos desbordamentos das augas pluviais nos usos produtivos e recreativos da auga, así como mecanismos de alerta mellorados para detectar risco de enchentes.

As 60 propostas presentadas para o terceiro eixe de traballo de ‘Innovaugas 4.0’ están vinculadas coa economía circular. Nel analizaranse, entre outras, as solucións sobre tecnoloxías innovadoras de desinfección e control de efluentes para a reutilización de augas depuradas e sobre a xestión intelixente das depuradoras enfocada á optimización enerxética.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre