Inicio Galicia A Xunta recibe preto de 80 solicitudes para axudas a melloras nas...

A Xunta recibe preto de 80 solicitudes para axudas a melloras nas pemes de transformación de produtos do mar

0

A Xunta destinou preto de 13 millóns de euros á convocatoria de 2018 destas axudas

A Xunta recibiu preto de 80 solicitudes para axudas a melloras nas pemes de transformación de produtos do mar. Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante unha visita realizada á empresa elaboración e comercialización de peixe conxelado Frigomar Burela, onde estivo acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez.

Rosa Quintana explicou que os proxectos destas solicitudes están sendo valorados e lembrou que a esta convocatoria de axudas de 2018 a Xunta destinou preto de 13 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Ademais a titular de Mar sinalou que, a través destas axudas, a Consellería do Mar subvenciona ata o 50% das melloras que realicen as pequenas e medianas empresas de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura e que fomenten a sustentabilidade ambiental.

A isto engadiu que con elas a Administración galega busca apoiar investimentos que realicen as pemes e que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no medio ambiente. Tamén aquelas accións que melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as súas condicións de traballo e os investimentos que dean lugar a novos e mellores produtos, procesos e sistemas de xestión e organización, entre outros aspectos.

Leer más:  Rueda destaca el patrimonio cultural, el paisaje y la gastronomía como atractivos turísticos de Galicia

En relación ás convocatorias de 2016 e 2017 desta liña de axudas, Rosa Quintana destacou que delas se beneficiaron arredor de 80 pemes de transformación de produtos do mar por valor de máis de 12 millóns de euros. Entre os proxectos subvencionados, hai iniciativas relacionadas con equipamentos para a mellora dos procesos de transformación, coa innovación no ámbito de novos e mellores procesos, coa mellora no tratamento de residuos e co aforro enerxético. Frigomar BurelaFrigomar Burela é froito da unión de catro empresas maioristas con máis de corenta anos de tradición no porto de Burela. As súas instalacións están situadas no Parque Empresarial de Cuíña (Cervo), no que conta con 1.200 m² de salas de elaboración, 9.800 m³ de capacidade frigorífica e cinco peiraos de carga. Tamén conta cun laboratorio para o cumprimento das normativas sobre hixiene e seguridade alimentaria e protección medioambiental. Comercializa xurelo e cabala, toros de peixe espada e pescada, filetes de pescada, de fletán, lombos de bacalao, polbo, e calamar ou chipirón, entre outros.

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el plan de Altri, "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

Granxa de coraisA conselleira do Mar, Rosa Quintana, tamén visitou en Viveiro a empresa de cultivo e distribución de corais mariños Reef Water Coral Farm, onde estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. Este proxecto, que hoxe é unha realidade, contou con apoio económico dos Grupos de Acción Costeira con cargo aos antigos fondos FEP, lembrou a titular de Mar. Ademais puxo de relevo o carácter pioneiro desta granxa, xa que é a única que hai en España neste eido. Tamén destacou a súa actividade internacional, pois ten como mercados potenciais a Estados Unidos e a distintos países de Europa.

Reef Water Coral Farm ten tres liñas de traballo. Unha delas é a de dar servizo á demanda actual de particulares e profesionais dedicados á acuariofilia mariña. Outra é a do desenvolvemento de acuarios de deseños únicos e de proxectos e deseños completos de acuariofilia mariña. A terceira liña está centrada na I+D+i para o desenvolvemento de proxectos innovadores utilizando os seus cultivos como base para as súas investigacións. Un exemplo deste traballo é o xabón que comercializa, que está desenvolvido en base a aceites naturais e extracto de coral da propia granxa.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

- Te recomendamos -