Inicio Galicia A Xunta recibe preto de 1000 solicitudes para formar parte da segunda...

A Xunta recibe preto de 1000 solicitudes para formar parte da segunda convocatoria de ?O teu Xacobeo?

0

Esta cifra supón un incremento de preto do 50% en relación á primeira convocatoria, cando se recibiron 654 proxectos


Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2020.- A segunda convocatoria de O teu Xacobeo, o programa posto en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de que a celebración do Ano Santo chegue a todos os concellos e de incentivar a participación cidadá, recibiu preto de 1000 solicitudes que constatan o gran interese da sociedade nesta celebración. Así, a iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo acada un incremento de preto do 50% en relación ao número de solicitudes recibidas na primeira convocatoria, cando se presentaron 654 proxectos.

Dotada cunha achega de 3,3 millóns, que se suman aos 4,7 xa en marcha, esta nova edición contará novamente con tres liñas de axuda diferenciadas. A primeira delas, que conta cun orzamento de 500.000 euros, está destinada a entidades locais nas que nesta convocatoria se dará prioridade aos municipios de menos de 50.000 habitantes.

A segunda liña, dotada cunha achega de 1 millón de euros, foi na que máis se incrementou a demanda e permitirá impulsar os proxectos de pemes e particulares. Concretamente, o número de proxectos que se recibiron para esta liña de axudas é un 73% maior que na edición do pasado ano.

A última das liñas permitirá, grazas a 1,8 millóns de euros, que boten a andar as propostas nacidas de entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro. Do mesmo xeito que ocorreu na pasada edición, esta é a sección na que se recibiu un maior número de solicitudes.

Plan Estratéxico do Xacobeo 2021Con esta segunda convocatoria a Xunta de Galicia achega en total 8 millóns de euros para poñer en marcha proxectos de toda a sociedade galega fomentando a participación, descentralizando o Xacobeo 2021 e facendo que se sinta en toda Galicia. Trátase, todos eles, de principios de xestión incluídos no Plan Estratéxico do Xacobeo, a folla de ruta posta en marcha polo Goberno galego para o deseño e planificación do vindeiro Ano Santo.

Cómpre lembrar tamén que grazas a primeira convocatoria, estanse a levar cabo iniciativas nas catro provincias e o Xacobeo está presente en máis de 140 concellos galegos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre