Inicio Galicia A Xunta recibe aos seis beneficiarios das bolsas de formación da Cooperación...

A Xunta recibe aos seis beneficiarios das bolsas de formación da Cooperación Galega

0

O director xeral de Relacións Exteriores recibiu aos mozos e mozas adxudicatarios das bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu hoxe aos seis beneficiarios das bolsas de formación da Cooperación Galega, seis mozos e mozas. Os bolseiros participaron nunha xornada de formación con persoal técnico da Dirección Xeral antes de partir para os seus destinos en África e América Latina. Na xornada, os novos bolseiros e bolseiras recibiron información sobre os proxectos que se están a financiar e que poderán visitar na súa estadía en terreo. Catro dos bolseiros incorporaranse proximamente ás Oficinas Técnicas de Cooperación da AECID na República Dominicana, Guatemala, o Perú e Mozambique, todos eles países prioritarios da Cooperación Galega segundo o establecido no IV Plan director 2018-2021. Os bolseiros restantes realizarán a súa formación na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela.

Durante a xuntanza cos bolseiros, Gamallo destacou a utilidade deste instrumento para facilitar aos bolseiros unha experiencia para familiarizarse cos procedementos e a xestión da cooperación que leva a cabo o Goberno galego, o beneficio que supón para a Administración, por ser un investimento que terá un retorno a medio e longo prazo para todo o sistema de cooperación e pola importancia de reforzar a relación entre a Xunta e outras institucións nas que se desenvolven as bolsas.

O principal obxecto da convocatoria de bolsas é o de apoiar a formación de persoal experto en cooperación internacional, coa finalidade de complementar a formación académica con estadías nas unidades de cooperación no exterior dependentes da Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento ou na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre