Inicio Galicia A Xunta recibe aos cooperantes que se incorporarán aos seus próximos destinos...

A Xunta recibe aos cooperantes que se incorporarán aos seus próximos destinos en Iberoamérica e África

0

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE recibiu ao novo bolseiro e ás 5 bolseiras de cooperación internacional antes da súa inminente incorporación


A Xunta recibiu aos cooperantes que se incorporarán aos seus destinos en Iberoamérica e África nos vindeiros días. Ademais dúas delas estarán na sede da Dirección Xeral en Santiago. Son os adxudicatarios das seis bolsas de formación en cooperación para o desenvolvemento, convocadas polo Goberno galego para este ano.

Os seis beneficiarios das bolsas de formación da Cooperación Galega participaron nunha xornada de formación con técnicos da Dirección Xeral antes de partir para os seus destinos en África e América Latina. Na xornada, o novos bolseiro e as 5 bolseiras recibiron información dos proxectos que se están a financiar e que poderán visitar na súa estadía en terreo.

Catro dos cooperantes incorporaranse ao longo deste mes de setembro ás Oficinas Técnicas de Cooperación da AECID na República Dominicana, Guatemala, Perú e Mozambique, todos eles países prioritarios da Cooperación Galega segundo o establecido no IV Plan director 2018-2021. As dúas restantes bolseiras realizarán a súa formación na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela.

Leer más:  Rueda, sobre los resultados de Audasa: "No es lógico ganar tanto y tener esas subidas de peajes tan grandes"

Durante a xuntanza cos bolseiros, Gamallo destacou a utilidade deste instrumento para facilitar aos bolseiros unha experiencia para familiarizarse cos procedementos administrativos dunha estrutura gobernamental, o beneficio que supón para a Administración, por ser un investimento que terá un retorno a medio e longo prazo para todo o sistema de cooperación e pola importancia de reforzar a relación entre a Xunta e outras institucións nas que se desenvolven as bolsas.

O principal obxecto da convocatoria de bolsas é o de apoiar a formación de persoal experto en cooperación internacional, coa finalidade de complementar a formación académica distinguindo dous tipos de bolsas, que para este ano son, por unha banda, República Dominicana, Guatemala, o Perú e Mozambique, e por outra banda, dúas bolsas de formación para levar a cabo actividades na propia Dirección Xeral de relacións Exteriores e coa UE. O obxecto destas bolsas é permitir familiarizarse cos procedementos administrativos dunha estrutura gobernamental, adquirindo unha valiosa experiencia. 


- Te recomendamos -