Inicio Galicia A Xunta recalca o seu compromiso coa valoración e apoio á muller...

A Xunta recalca o seu compromiso coa valoración e apoio á muller rural con programas en materia de igualdade

0

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta maña unha xuntanza coa Fundación Eduardo Pondal


A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta maña unha xuntanza coa Fundación Eduardo Pondal na que participou o xerente da mesma, José María Varela. No encontro mostrouse o compromiso por parte de ambas institucións coa proxección, valoración e apoio á muller rural.

Ditas intencións materializáronse coa Casa da Muller, que mantén programas constantes que dan soporte e cobertura con alto índice de interese á poboación dos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Malpica de Bergantiños e Zas. Entre as accións que se desenvolven está o contacto coas persoas encargadas do departamento de Igualdade dos cinco concellos, a difusión de accións, asesoramento en materia de Igualdade e o apoio ao asociacionismo entre mulleres. Tamén organizaranse xornadas de formación que comprometen a mulleres de mediana idade coa intención de incrementar as súas competencias e a súa valoración.

Para as familias máis novas tamén se fan, en colaboración coas Anpas dos concellos anteriormente citados, programas de educación familiar que contribúen a consolidación de conductas positivas e valores no campo da igualdade. Na programación habitual da fundación está o Festiletras (do 12 ao 19 de maio celebrarase a 37ª edición) que tornan arredor da festa das Letras Galegas sempre hai oco e programación específica sobre a muller rural. Máis de mil alumnos e alumnas teñen asegurada a súa presenza neste encontro. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre