Inicio Galicia A Xunta recalca a importancia das políticas públicas en prol da igualdade...

A Xunta recalca a importancia das políticas públicas en prol da igualdade e o desenvolvemento social e económico de Galicia

0

A secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, participou este luns nas I Xornadas sobre os Retos das Administracións Contemporáneas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou este luns nas I Xornadas sobre os Retos das Administracións Contemporáneas, onde destacou diferentes instrumentos polo cales articúlanse as políticas públicas para reforzar as medidas dirixidas á eliminación das distintas brechas de xénero e sentar os cimentos para conseguir novos avances na igualdade entre mulleres e homes. Todo co fin de contribuír a un desenvolvemento social e económico de Galicia verdadeiramente democrático, xusto e sustentable.

Susana López Abella puxo como exemplo o VII Plan Estratéxico de Galicia para a Igualdade, unha aposta pola consolidación dos cambios e polo afianzamento dos avances de intervención pública en favor da igualdade. Trátase dun total de 253 medidas, composto por tres grandes capítulos: o primeiro deles versa sobre a integración da igualdade nas políticas e accións do Goberno, un total de 12 prioridades de actuación que representan o compromiso da Administración autonómica por consolidar e fortalecer as accións xa emprendidas para mellorar a gobernanza en prol da igualdade de xénero.

A secretaria xeral da Igualdade recalcou a incorporación do enfoque de xénero e do principio de igualdade entre mulleres e homes nos distintos instrumentos de planificación da Administración Xeral e do sector público autonómico, tanto de carácter xeral como sectorial, con especial incidencia naqueles ámbitos nos que as brechas de xénero sexan máis evidentes. A perspectiva de xénero, para López Abella, debe ser considerada no deseño de normas e programas orzamentarios como fórmula que permita favorecer unha actuación pública que incida nas desigualdades detectadas.

A consecución da presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos consultivos e de participación promovidos pola Administración autonómica é outra das prioridades de actuación. No DOG do 1 de agosto de 2017 publicábase o DECRETO 70/2017, do 13 de xullo, que establece que a Administración pública galega fomentará a composición equilibrada entre os sexos do persoal funcionario, eventual, interino, estatutario ou laboral ao seu servizo, tanto a nivel global como no nivel de cada corpo, escala, grupo ou categoría.

Este decreto converte a Galicia na primeira Comunidade Autónoma de España en regular a través dun instrumento normativo a formación da totalidade do persoal da Administración Pública autonómica en Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre