Tras a paralización do procedemento polo estado de alarma, os interesados nesta liña de subvencións poden seguir presentando solicitudes ata o 2 de xuño
A ConsellerÃa de Cultura e Turismo reanudou o procedemento de presentación de solicitudes da liña de axudas para a certificación, seguimento e renovación das normas da marca Q de Calidade TurÃstica do Instituto para a Calidade TurÃstica Española (ICTE), que tivo que ser paralizado por mor da suspensión dos prazos administrativos que se decretou coa declaración do estado de alarma. Consciente do impacto da crise sanitaria no turismo, a Xunta de Galicia dá continuidade ao proceso desta convocatoria coa intención de contribuÃr á reactivación do sector turÃstico.
Poden presentarse tanto persoas fÃsicas e xurÃdicas privadas como tamén, como novidade, os concellos. As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva. A liña ten unha contÃa global de 130.000 euros, o que supón un incremento do 30% con respecto a anterior convocatoria.
Como se recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Xunta subvencionará as actuacións dirixidas á mellora da calidade turÃstica mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Calidade TurÃstica Q do ICTE, correspondente a este ano e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2020. En concreto, serán os custes de auditorÃa externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE. Os importes serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditorÃa do ano 2020. Tamén serán subvencionables os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2020, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Coa reanudación do procedemento, o prazo está aberto desde o pasado 14 de maio ata o 2 de xuño.