Inicio Galicia A Xunta reanuda o prazo para a presentación de ofertas ao concurso...

A Xunta reanuda o prazo para a presentación de ofertas ao concurso de solo residencial convocado por Xestur

0

Os interesados terán ata o vindeiro 7 de xullo para participar no proceso

A Xunta de Galicia reanuda o procedemento para a presentación de ofertas ao concurso de solo residencial convocado pola empresa pública Xestur, cuxos prazos quedaron suspendidos a causa da covid-19. O prazo para poder participar rematará o vindeiro 7 de xullo ás 14:00 horas.

Por medio deste concurso público, o Goberno galego pon preto de 38.000 metros cadrados de solo residencial urbanizado a disposición dos promotores e cooperativas que queiran promover vivendas protexidas nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo e Pontevedra. Os interesados poden acceder ao prego das bases e á relación de parcelas ofertadas a través da páxina web de Xestur ou nas oficinas da empresa pública.

A adxudicación das parcelas poderá realizarse en réxime de compravenda ou, por primeira vez, en dereito de superficie. Esta segunda forma de adxudicación, que supón o pago dun canon anual reducido polo uso do solo, supón unha novidade nos concursos de venda de solo residencial propiedade da Xunta de Galicia, xa que ata o de agora unicamente se ofrecía na modalidade de compravenda.

As parcelas que se adxudiquen en dereito de superficie destinaranse obrigatoriamente á construción de vivendas protexidas para alugueiro, en réxime especial ou réxime xeral. O dereito de superficie terá unha duración de 30 anos.

Para a adxudicación terán preferencia as ofertas que vaian destinadas á construción de vivendas en alugueiro. No caso de empate entre dúas ou máis ofertas, valorarase a proposta arquitectónica, as solucións bioclimáticas e de sostibilidade, eficacia enerxética e outras melloras ofertadas.

Os adxudicatarios das parcelas terán a obriga de solicitar a licenza de edificación no prazo máximo de catro meses dende a formalización da escritura e as vivendas deberán construírse e cualificarse como protexidas no prazo máximo de 30 meses dende a concesión da devandita licenza.

Oferta por urbesNo conxunto das cidades ofrécense en total 23 parcelas, que permitirán a construción de 1.381 vivendas protexidas para as familias galegas.

Concretamente, no parque Ofimático da Coruña póñense a disposición nove parcelas, con edificabilidade para un total de 460 vivendas protexidas; en Ferrol a oferta comprende oito parcelas emprazadas no Bertón, cunha edificabilidade de 414 VPP; e en Lugo son dúas parcelas as dispoñibles en Garabolos, con edificabilidade para 370 vivendas. Finalmente, en Pontevedra existen catro parcelas en Valdecorvos, con edificabilidade para 137 vivendas protexidas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre