Inicio Galicia A Xunta realizou 344 actuacións desinfección dos exteriores das residencias de maiores...

A Xunta realizou 344 actuacións desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde na provincia da Coruña

0

Desinfectan as áreas rurais máis concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio todos os días da semana


Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia realizaron xa, desde o comezo da crisis do Coronavirus, 344 actuacións de desinfección dos exteriores das residencias de maiores, e de discapacitados e dos centros de saúde en 45 municipios da provincia da Coruña en concellos menores de 5.000 habitantes.

Así, os axentes ambientais e bombeiros forestais do SPDCIF actuaron en residencias de persoas maiores e de discapacitados e en centros de saúde de 45 concellos do rural da provincia dende o inicio da situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. Os profesionais do SPDCIF están desinfectando estas áreas rurais tan concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio.

Para executar estes traballos, os efectivos contan coa debida formación para facelos e con todo o material de protección necesario para asistir con todas as garantías sanitarias, así como cos protocolos de actuación pertinentes, seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias ao efecto. Tamén dispoñen da maquinaria e os produtos precisos para efectuar as desinfeccións. Ademais de desinfectar, establecerán contacto cos profesionais das residencias e reforzarán os seus protocolos de prevención.

En concreto, estes labores, que se están organizando diariamente, incluídos sábados e domingos, están sendo executadas por traballadores que participan voluntariamente na iniciativa durante as súas quendas de traballo. Con todo, é sabido que a súa función principal e primordial é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre